Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Asemblea Extraordinaria da ANPA "Fonte da Cristina"

Hoxe día 1 de decembro de 2011 tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria da ANPA Fonte da Cristina, en ela tratáronse os seguintes aspectos:

  • Informouse @s present@s sobre as decisións tomadas polo Claustro de profesores tras as modificacións impostas pola Concellería de Educación, e que neste caso levaron a "reducción" das Actividades Extraescolares que se organizan en horario lectivo e que non son organizadas pola ANPA. Nesta Asemblea estivo presente o Director do centro, quen se prestou voluntario a expoñer os motivos que levaron a esta decisión e a respostar as preguntas que se lle quixeran facer. A presenza do Director do centro e a sua exposición foi autorizada pol@s present@s previamente a sua intervención. Agardamos que esta Asemblea servise polo menos para que tod@s teñamos clara a situación actual das Actividades Extraescolares no Colexio da Cristina.
  • Así mesmo a Asemblea da ANPA decidíu por maioría presentar un escrito ante o Consello Escolar e ante a Consellería de Educación, no que se poña de manifesto o desacordo cas medidas adoptadas polo Claustro de profesores da Cristina, froito das modificacións impostas pola Consellería de Educación de cara o curso escolar 2011-2012. Dito escrito será redactado e aprobado nunha Asemblea que se celebrará en datas próximas.
  • Así mesmo tratáronse a posibilidade de federar a ANPA e a suscrición de un seguro de Responsabilidade Civil, que unha vez sometido a votación non foron aprobados.
  • Por último no referente á orde do día, tratouse brevemente a organización do festival de Antroido e as celebracións do Nadal, puntos sobre os cales se informará proximamente.

Grazas a tod@s pola vosa presenza.

Unha aperta

Carballo corre ca Cristina

Outro ano mais na competición de Cros organizada a nivel local no Polígono de Bertoa este mércores día 30 de novembro de 2011, a Cristina obtivo un gran éxito.
Éxito por un lado pola gran participación (89 nen@s) e tamén éxito en canto a resultados acadando 7 podios e sendo o colexio de primaria de Carballo que mais acadou.
Unha vez mais cando se convoca a Cristina para Actividades en conxunto, comportase coma unha gran familia, tanto por parte d@s maiores acompañando @s cativ@s, como por parte d@s mestres na organización, e sobre todo por parte d@s pequen@s que son @s verdadeir@s protagonistas.

Mais que unha competición foi un día de festa para tod@s.

Parece que o traballo e o esforzo que se está a levar a cabo no centro, para a formación d@s nos@s nen@s neste tipo de deportes, está xa a poñerse de manifesto, ¡¡Que esto non pare!!

Noraboa a tod@s