Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

viernes, 18 de octubre de 2013

Seguro de accidentes para @s cativ@s Curso 2013-2014

Queridas familias:

Queremos comunicarvos que os vindeiros luns 21 e martes 22 de outubro, na sala de servizos múltiples do colexio, en horario de 09:05 a 09:30 horas, aquelas familias que o desexen poden suscribir o seguro colectivo de accidentes para as súas nenas e os seus nenos.
Lembrade que todos aqueles nenos que están realizando Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA, xa están suscritos no mesmo seguro de accidentes, polo cal non é preciso que veñades a iscribirvos outra vez.
O custo anual do seguro son 6,00 €, no caso de quen participa nas Actividades Extraescolares da Anpa, xa sabedes que llo suscribe a ANPA de balde.

Graciñas e unha aperta para tod@s.


O Pedibus tamén na Cristina

A ANPA "Fonte da Cristina", ven de solicitar ó Concello de Carballo, a súa inclusión dentro do programa Pedibús, que pretende mellorar a movilidade en Carballo, e que as nenas e nenos da vila camiñen á escola cada día.
Este programa xa botou a andar no colexio Fogar de Carballo fai poucas datas, a idea e que na semana que ven se teñan os primeiros contactos co Concello, según se acordou con Xosé Regueira (Concelleiro de Xestión Municipal, Promoción Económica e Normalización Lingüística) que é a persoa que está coordinando a implantación do "Pedibús" en Carballo.
En vindeiras datas, reclamarase a participación das familias, para levar a cabo esta bonita iniciativa na que @s cativ@s son @s protagonistas, e que de seguro agradecerán as nosas rúas e tamen o medio ambiente.

Seguiremovos informando.

Unha aperta.