Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Asemblea Extraordinaria da ANPA "Fonte da Cristina"

Hoxe día 1 de decembro de 2011 tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria da ANPA Fonte da Cristina, en ela tratáronse os seguintes aspectos:

  • Informouse @s present@s sobre as decisións tomadas polo Claustro de profesores tras as modificacións impostas pola Concellería de Educación, e que neste caso levaron a "reducción" das Actividades Extraescolares que se organizan en horario lectivo e que non son organizadas pola ANPA. Nesta Asemblea estivo presente o Director do centro, quen se prestou voluntario a expoñer os motivos que levaron a esta decisión e a respostar as preguntas que se lle quixeran facer. A presenza do Director do centro e a sua exposición foi autorizada pol@s present@s previamente a sua intervención. Agardamos que esta Asemblea servise polo menos para que tod@s teñamos clara a situación actual das Actividades Extraescolares no Colexio da Cristina.
  • Así mesmo a Asemblea da ANPA decidíu por maioría presentar un escrito ante o Consello Escolar e ante a Consellería de Educación, no que se poña de manifesto o desacordo cas medidas adoptadas polo Claustro de profesores da Cristina, froito das modificacións impostas pola Consellería de Educación de cara o curso escolar 2011-2012. Dito escrito será redactado e aprobado nunha Asemblea que se celebrará en datas próximas.
  • Así mesmo tratáronse a posibilidade de federar a ANPA e a suscrición de un seguro de Responsabilidade Civil, que unha vez sometido a votación non foron aprobados.
  • Por último no referente á orde do día, tratouse brevemente a organización do festival de Antroido e as celebracións do Nadal, puntos sobre os cales se informará proximamente.

Grazas a tod@s pola vosa presenza.

Unha aperta