Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

miércoles, 13 de junio de 2012

Uniforme deportivo da Cristina

Ó igual que dicíamos a principios de semana, de cara ó vindeiro curso 2012-2013 tamén imos abrir un prazo, para que aquelas familias que o desexen poidan pasar pola tenda "Deportes San Remo", sita na rúa San José de Carballo(frente a igrexa), para reservar o uniforme deportivo do CEIP A Cristina. 
Neste intrés ainda se pode mercar directamente, posto que quedan diversas unidades de cada talla, pero non se pode garantir que sexan suficientes para todos, por este motivo se abre un prazo dende o 1 ó 15 de xullo para facer a reserva de cara ó vindeiro curso.
Aquela xente que non faga a reserva neste prazo, poderá facela posteriormente pero sen a seguridade de que estes pedidos cheguen a tempo para o comezo do novo curso.
Comentar tamén ás familias, que se pode mercar o pantalón do chandal por separado, para aquel@s cativ@s que non precisen a parte de arriba.
Ó igual que no curso pasado tamén se poden mercar unha camiseta e un pantalón deportivo a moi bo prezo.
Todas estas prendas mercadas en Deportes San Remo, serán enviadas por esta tenda a "personalizar" co logotipo da Cristina.