Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

domingo, 3 de julio de 2011


Uniforme deportivo

A partires de mañá martes día 5 de xullo de 2011, quen o desexe, ten a súa disposición na tenda "Deportes San Remo" de Carballo (Rúa San Xosé, que vai dende a igrexa cara a Lagoa) o “uniforme deportivo” (chandal), que foi escollido para o Colexio A Cristina a partires do vindeiro curso.

Aconsellamos que aquelas familias que queiran encargar dito uniforme o fagan dende mañá martes día 5 ata o domingo día 24 de xullo inclusive, de xeito que antes de agosto esta tenda poida facer o pedido conxunto e así tentemos telos para cando comece o curso.

O custo de cada un é de 36,00 €.

No momento da encarga, haberá que facer efectivo un adianto de 10,00€, que será descontado do prezo final cando se entregue o uniforme.

A maiores quen así o desexe terá a súa disposición unha camiseta técnica (deportiva), e mais un pantalón tamén personalizados para A Cristina polo prezo de 12,00€ o conxunto aproximadamente.

Agardamos que dentro do posible este Uniforme sexa do agrado das nosas familias.

Unha aperta