Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

martes, 26 de julio de 2011

Uniforme de rúa

Despois de facer diversas pescudas ó longo de estes xa casi dous meses, en diferentes tendas na vila, de cara a atopar e fixar un uniforme de rúa que se axeitara o máximo posible a opinión xeral das familias, ó fin chegouse a un acordo coa tenda "Tiana" sita na rúa Valle Inclán, xusto a carón da praza do Concello (Tenda Mayoral), a partires de hoxe día 26 de xullo xa se pode mercar alí dito uniforme.

  • O uniforme de rúa, estará formado por saia ou pantalón, polos de manga longa e curta e un xersei.
  • Debemos aclarar que as prendas como polos e xerseis, que levarán unha identificación do colexio en bordado, pódense mercar pero haberá que deixalo na tenda para que o manden a bordar. En canto o pago destas prendas, o que se fará é un pago anticipado neste primeiro momento, o importe do mesmo será da metade redondeando a baixa a múltiplos de cinco. E dicir se por exempro compramos prendas por valor de 55 euros, a metade serían 22,5 €, polo cal faríamos unha entrega de 20,00 €, se fixéramos compras por valor de 111,00 €, a metade serían 55,50€ polo que pagaríamos 55,00€ e así sucesivamente. Este primeiro pago descontaríano do prezo final que nos cobren cando nos entreguen a roupa xa bordada.
  • No referente a outras prendas coma saias ou pantalóns, que non levarán ningún tipo de inscripción bordada, xa se poden mercar e levar para a casa, aboando neste caso o 100% do seu prezo.
  • Ademais das prendas que forman o uniforme, tamén se pode consultar na tenda a dispoñibilidade de complementos como calcetíns, medias, etc.
  • A inclusión de outras prendas tales como parcas ou chaquetas de inverno personalizadas poderíanse afrontar nun futuro, sempre que un número determinado de familias trasmitise o seu interese.
  • Para o caso do uniforme de rúa, non vamos a abrir ningún prazo para encargalo, xa que neste momento xa se pode mercar directamente, Ainda así aconsellamos ir en canto se poida, xa que debido as datas nas que se xestionou, pódese dar o caso que algunhas tallas teñan problemas de suministro.
  • No referente novas familias d@s nen@s de cuarto de infantil, que este ano se incorporan ó colexio, rogamos que falen con Belen, que é a persoa encargada da tenda, xa que é moi posible que ó tratarse de tallas moi pequenas, non haxa estocaxe na tenda e se teña que encargar a fábrica, co retraso que isto pode provocar.

Para calquera consulta non dubidedes en mandarnos un e-mail.

Unha aperta