Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

jueves, 11 de octubre de 2012

PROCESO DE RENOVACIÓN DE CARNET DE SOCIO
E
INSCRIPCIÓN DE NOVOS SOCIOS
DA ANPA
"Fonte da Cristina"

Como sabedes ven de rematar o prazo de renovación de carnets de soci@s da ANPA "Fonte da Cristina" de cara o curso 2012-2013.
Este prazo que en principio se abreu para facilitar as familias a renovación e pago das cotas, non significa en absoluto que a partires de agora quen o desexe non poida ainda facerse socio da ANPA. Simplemente a partir de agora en lugar de facer o pago nas horas que se estableceran no aula de usos múltiples, o que terá que facer e poñerse en contacto connosco de calquera dos xeitos de costume (persoalmente ou mediante correo electrónico) e xa tramitaremos a renovacion ou alta de carnet de soci@.

- A cota de socio é de 10,00 €.


Unha aperta.

A Xunta Directiva.