Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

lunes, 8 de octubre de 2012



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
ANPA “Fonte da Cristina”
Seguindo coa oferta de Actividades Extraescolares, e en vista de que na enquisa feita o curso pasado se demandaban actividades relacionadas con deportes de raqueta, despois de valorar as posibilidades que existen no Concello de Carballo, atopamonos que a única posibilidade real é a práctica do “Padel”, e dentro deste deporte o clube “3D3” sito no polígono de Bertoa achegounos a súa oferta, que vai dende a práctica do deporte en si nas súas instalacións ata a posibilidade de cursos de iniciación e perfeccionamento con monitores con título nacional.
Os prezos son moi diversos, e oscilan entre os 1,5€ e 3,5€ por sesión (hora e media), para a práctica do Padel, ou os 24,00€ mensuales para cursos, que constarían de unha clase semanal, e no prezo incluiríanse o uso das instalacións,un monitor con tútulo nacional, así como o material (raquetas, pelotas, etc).
Estes prezos solamente son orientativos xa que en función dos nenos interesados, poderían variar, e ademais o clube ofertanos para a xente interesada unha “clase” inicial gratis, para que cada quen valore se lle interesa ou non.
As instalacións constan de 5 pistas de Padel cubertas, que acaban de ser estreadas, así como vestiarios, cafetería, etc. (www.3d3padel.com)
O que nos gustaría coñecer é o número de nen@s que estaría interesada en asistir a estas clases, ou no seu caso a prácticar Padel directamente, para poder valorar a posibilidade de facer grupos, etc. Para elo precisamos que dende hoxe e ata o día 20 de outubro no lo fagades saber, ben directamente a calquera membro da ANPA ou ben por correo electrónico.